EXAMES PENDENTES OPE 2009
PREVISIÓNS DE DATAS PARA A REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DA OPE DO ANO 2009
1.- Grupo Técnico e Grupo de Xestión da Función administrativa
Día: 9 de marzo de 2010
Lugar: Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS). Santiago de Compostela.
2.- Grupo Auxiliar da Función administrativa e Persoal de Servizos Xerais
Día: 13 de marzo de 2010
Lugar: Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra).
3.- Cociñeiro/a
Días: 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo de 2010, en quendas de tres aspirantes cada día excepto os dous últimos días que será en quendas de dous aspirantes.
Lugar: Hospital Materno-Infantil de A Coruña.
Estas datas, así como os horarios concretos sairán publicados o vindeiro 24 de febreiro no Diario Oficial de Galicia.
Información OPE
- Exames pendentes.
O Sergas confírmanos que a celebración dos segundos exercicios daquelas categorías que aínda non o teñen realizado (Grupo Técnico, Grupo de Xestión, Grupo Auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerias e cociñeiro) será previsiblemente na primeira quincena de marzo.
- Notas provisionais da fase de concurso de FEAS:.
Publicación o 12 de febreiro das seguintes categorías:
FEA de análises clínicas
FEA de aparello dixestivo
Especialista de área de farmacia hospitalaria
FEA de medicina física e rehabilitación
FEA de microbioloxía e parasitoloxía
Odontólogo/a de atención primaria
O venres día 19 de febreiro, está prevista a publicación das notas provisionais das seguintes categorías:
FEA de cirurxía xeral e aparello dixestivo
FEA de nefroloxía
FEA de psiquiatría
FEA de Xeriatría
-
Notas definitivas da fase de oposición de todas as categorías cuxos exercicios foron realizados nos meses de outubro e novembro de 2009: publicación o 19 de febreiro.
-
O mércores, día 24 de febreiro, publicarase no DOG a apertura do prazo (15 días hábiles) para a presentación dos méritos da fase de concurso das categorías cuxos exercicios foron realizados nos pasados meses de outubro e novembro (coa excepción das categorías nas que se debe realizar un exercicio práctico, é dicir, grupo técnico, grupo de xestión, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e cociñeiros).
CONVOCATORIA CONCURSO TRASLADOS FEAS
O pasado 10 de febreiro saiu publicado en DOG a convocatoria do concurso de traslados para o persoal facultativo con praza en propiedade.
OPE FEAS 2009. Previsión publicación listaxes provisionais da fase de concurso.
O Sergas adiántanos as previsións de próximas publicacións relativas á OPE 2008:
No DOG do 12 de febreiro:
- FEA análises clínicas
- FEA aparello dixestivo
- farmacia hospitalaria
- FEA medicina física e rehabilitación
- FEA microbioloxía e parasitoloxía
- odontólogo/a de atención primaria
No DOG del 19 de febrero:
- FEA cirurxía xeral e aparello dixestivo
- FEA nefroloxía
- FEA psiquiatría
- FEA uroloxía
Finais de marzo: Médico de familia
Convocatoria probas Celga
O luns 8 de febreiro de 2010 saiu publicada no DOG a Resolución do 22 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2010.
Convócanse as probas para a obtención dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2010.
CONCURSO DE TRASLADOS PARA O PERSOAL FACULTATIVO DO SERGAS
Onte en Mesa Sectorial acordáronse as bases para o concurso de traslados do persoal facultativo dos hospitais do Sergas. O prazo de presentación de solicitudes abrirase unha vez se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
ORDE DE CONFECCIÓN DE NÓMINAS 2010
Saiu publicado no DOG o mércores 20 de xaneiro de 2009 a Orde de confección de nóminas para o ano 2010.
ERRO NA PLANTILLA DEFINITIVA DE RESPOSTAS DA CATEGORÍA DE MATRONA.
O Sergas detectou un un erro na plantilla definitiva de respostas publicada na páxina web (www.sergas.es), correspondente á categoría de MATRON/A, e agora xa está publicada páxina web a plantilla correcta.
O erro consiste en que nas preguntas 53 e 78 a resposta era a "D", e pasa a ser a "A" en ámbalas dúas preguntas.
A pesares de dito erro, os exercicios foron correxidos de xeito correcto. É dicir, tívose en conta en ámbalas dúas preguntas como resposta correcta a "A", polo que as puntuacións dos correspondentes exercicios é correcta.


