PREVISIÓN PUBLICACIÓN CONCURSO DE TRASLADOS

Está previsto que o vindeiro MÉRCORES 28 DE XULLO, se publique a resolución pola que se convoca o concurso de traslados.

O prazo de presentación de solicitudes extenderase ata o 15 de setembro.

 

A ELIMINACIÓN DAS GARDAS NOS HOSPITAIS COMARCAIS, O ANEL, A TELERRADIOLOXÍA, E OS RETOS DOS SERVIZOS DE RADIOLOXÍA DO SERGAS.

O pasado 02/06/2010 celebrouse en Santiago unha xuntanza da Mesa Sectorial do Sergas que tiña, como primeiro punto da Orde do Día, a "Reordenación dos procesos de radiodiagnóstico".

A inclusión deste tema na orde do día fora requirido por CIG-Saúde debido a que, as semanas previas, difundírase a información de que as actuais gardas localizadas de radioloxía dos hospitais comarcais ían ser eliminadas e, empregando as posibilidades abertas pola telerradioloxía, íase crear un "anel radiolóxico" similar ao de Madrid.

Na xuntanza, a posición do SERGAS foi explicada pola Directora Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS, en presenza da Directora Xeral de RR.HH.

Unha vez analizados polo miúdo os argumentos do SERGAS, e debatido o tema con especialistas en radioloxía dos hospitais comarcais e dos complexos hospitalarios, tanto afiliados a CIG-Saúde como non afiliados, a posición do noso sindicato é de claro desacordo coa proposta de eliminar as gardas localizadas de radioloxía dos hospitais comarcais.

CIG-Saúde considera que a proposta das actuais responsabeis do SERGAS encádrase nunha visión do futuro dos servizos de radioloxía contraria aos intereses da poboación e dos pacientes, e que tamén é contraria aos intereses profesionais e laborais dos radiólogos/as.

Ademáis, coidamos que esa proposta presentada supón unha "utilización perversa da telerradioloxía": que potenciará a imaxe do radiólogo/a como mero "lector de imaxes"; que provocará a deslocalización da actividade dos radiólogos/as fora dos hospitais e do contacto cos pacientes e cos demáis clínicos; e que , ademáis, está estreitamente ligada ás estratexias privatizadoras que a actual administración sanitaria galega está empeñada en promover en todos os eidos da actividade sanitaria.

Descarga aquí o documento onde razoamos as nosas posicións.

 

Información sobre OPE e concurso de traslados

Segundo información remitida polo Sergas, está previsto que o vindeiro luns, día 19 de xullo sexan publicadas no DOG as seguintes resolucións:
  • Resolución definitiva do concurso de traslados de FEAS. no que se especifica o prazo de toma de posesión, que comenzará o día 13 de setembro, se ben daranse instruccións aos centros para que se proceda ao cese dos facultativos que cambien de destino o último día do prazo, é dicir, o 15 de setembro.
  • Resolución definitiva da OPE de licenciados sanitarios no que se especifica o prazo de toma de posesión que comenza o día 16 de setembro.
  • Corrección de erros da resolución definitiva de Médicos de Familia, xa que por un erro do programa informático se declararou aspirantes seleccionados a seis aspirantes que non poden aprobar xa que 6 prazas de discapacitados non cubertas por estas persoas deben quedar para a seguinte oferta.
 

Escrito remitido á Conselleira de Sanidade en relación ao acontecido cos representantes das plataformas sanitarias en defensa da sanidade pública

Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade

San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela

A CIG-Saúde quérelle amosar o noso máis enérxico rexeitamento á actitude que tivo no día de onte coas/os  representantes das plataformas sanitarias constituídas nas diversas localidades en defensa da sanidade pública.

 Non é de recibo que nun “estado democrático” se mande actuar ás forzas de orde pública contra quen, pacificamente, amosa publicamente, nun espazo público “A Praza da Concordia”, o seu rexeitamento á política sanitaria que está a levar a cabo a consellaría que vostede dirixe.

 É a primeira vez que no eido sanitario se utilizan as forzas de orde pública para intentar calar as voces que queren transmitir as inquedanzas da poboación das súas localidades, que ven con preocupación o futuro da sanidade e o recorte das prestacións que esta consellería pretende acometer.

 A CIG-Saúde solicita de vostede que en aras a garantir o dereito democrático que ten toda persoa de reivindicar  publicamente e pacificamente unha sanidade pública e de calidade, reprobe a actuación policial, e se desculpe publicamente por estas actuacións.

 Agardando de Vde. unha resposta na maior brevidade posíbel.

 Un saúdo.

 Compostela, 7 de xullo de 2010.

 Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

 Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 

CIG-Saúde denuncia que o SERGAS está a promover a Fundación ‘Red Madre’ desde a súa páxina web e entre o seu cadro de persoal

Pola contra, non informa sobre outras asociacións de mulleres que defendan outras alternativas

 CIG-Saúde denuncia que a consellaría de Sanidade está facendo uso da web do Sergas, que é un espazo público de información sanitaria e profesional, para adoutrinar á poboación e aos traballadores/as promovendo as posicións defendidas pola Fundación ‘Red Madre’, en contra da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo.

 Para CIG-Saúde é inxustificable que a administración pública utilice os espazos profesionais para difundir as súas ideas ou crenzas relixiosas e tratar impoñelas. Máis grave aínda, é que nun correo remitido a todos os traballadores e traballadoras se lles indique o link da páxina de ‘Red Madre’ onde se recolle un chamamento a participar na manifestación convocada para o pasado día 3 de xuño en Madrid en contra da devandita lei.

 María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde manifesta que “é paradoxal que mentres que a Xunta de Galiza ordena a intervención das forzas da orde pública para disuadir as manifestacións pacíficas das plataformas sanitarias, faga un chamamento masivo, aos 35.000 traballadores/as, para participar na manifestación de Madrid”.

 CIG-Saúde solicita da conselleira de Sanidade que faga un uso debido da páxina web do SERGAS que se limite a dar información legalmente estabelecida e que non se utilice de forma partidista para impor as súas crenzas.

 Compostela, 8 de xullo de  2010

 María Xosé Abuín

Secretaria Nacional de CIG-Saúde
 

Proposta de CIG-SAÚDE sobre a xornada nos PACs.

No ano 2005 e con posterioridade no ano 2008, asináronse acordos na Mesa Sectorial que regulaban as condicións de traballo e retribucións do persoal que presta servizo no ámbito de Atención Primaria nos PACs. A pesares dos reiterados intentos que a CIG-SAÚDE ven facendo na M.S. para que a Admón aplique correctamente os devanditos acordos, o que acontece é que a Admón confeccionou un aplicativo informático que desvirtúa os acordos asinados con graves consecuencias para as/os traballadoras/es.

A CIG-SAÚDE, unha vez máis, presenta perante o Sergas os criterios de xornada que debe conter o aplicativo informático, para que  as/os traballadoras/es perciban correctamente o cómputo da súa xornada e as retribucións correspondentes segundo os acordos asinados.

Descarga aquí o documento completo. 

 

CALENDARIO PUBLICACIÓN OPE E CONCURSO DE TRASLADOS

O Sergas remiteu o calendario coas previsión de OPE e Concurso de traslados para o MES DE XULLO.

1º.- Venres, día 9 de xullo, publicación en DOG das puntuacións provisionais da fase de concurso (OPE) das seguintes categorías:  

 - Costureiro/a .

 -  Enfermeiro/a especialista en saúde mental . 

 -  Fisioterapeuta .  

 -  Grupo administrativo da función administrativa .

 -  Perruqueiro/a .

 -  Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía .

 -  Técnico/a especialista en hixiene bucodental .    

2º.- Luns día 12 de xullo, publicación das puntuacións definitivas da fase de concurso (OPE) da categoría de médico de familia de atención primaria e se abra o prazo de un mes para a presentación da documentación xustificativa de que se cumpren os requisitos da convocatoria. 

3º.- Sobre mediados de xullo, publicación das notas provisionais dos exercicios da parte xurídica (cociñeiros/as) e de coñecemento de galego das categorías de cociñeiro/a, grupo técnico, de xestión e auxiliar da función administrativa e de PSX.

O prazo para a presentación da documentación da fase de concurso destas categorías estímase que sexa aberto sobre finais do mes de xullo. 

4º.- Na segunda quincena do mes de xullo poderán publicarse as baremacións provisionais dalgunha categoría máis.

5º.- Mediados de xullo, respecto a OPE de Psiquiatría do ano 2006 está prevista a publicación das puntuacións provisionais dos distintos exercicios. 

6º.- Segunda quincena mes de xullo, será convocado lprevisiblemente o concurso de traslados para categorías de licenciados sanitarios de atención primaria e do resto de categorías (excepto FEAS). 

7º.- Mediados do mes de xullo, publicación no D.O.G. das resolución definitivas do concurso de traslados de FEAS así como da OPE de FEAS. Nas devanditas resolucións se anunciarán as datas dos prazos posesorios de ámbolos dous procesos, que será ao longo do vindeiro mes de setembro.

 

 

ADXUDICACIÓN PRAZAS OPE FACULTATIVOS

O SERGAS enviounos as adxudicacións das prazas da OPE de facultativos unha vez que están todas as prazas adxudicadas.

Descargar listaxe completa das adxudicacións.

 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 8