PUBLICACIÓN DE LISTAS AUTOMATICAS

 Martes día 7 de setembro,  segundo comunica o Sergas publicaranse as listas provisionais nas categorías de Persoal Médico de Familia, Puericultor/a, Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias, Pediatra, Matrón/a,Cociñeiro/Cociñeira, e Persoal de Enfermería (DUE), todos eles relativos á convocatoria automática de 1 de xullo de 2010.

 

 

A DEFENSORA DO POBO CONTESTA O ESCRITO PRESENTADO  POLA CIG

 

 

A CIG remitiu un escrito dirixido á "Defensora del Pueblo" sobre os recortes salariais ao funcionariado e a posibilidade de que esta entidade interpuxera un recurso de inconstitucionalidade sobre os mesmos.Xa temos a resposta: non van facer tal. Os argumentos que dan para non facelo podedes velos xunto co resto do contido da resposta aqui .

 

 

 

 

PROGRAMACIÓN CURSOS :2º semestre 2010 -CIG- SAÚDE  EN BURELA

 

 

CURSO

DATA

HORARIO

Nº ALUMNOS

LUGAR

Informática básica

15 o 19 de novembro

16 h a 21 h

 20

Local CIG

Rua Arcadio Pardiñas

Actuacións ante emerxencias e catástrofes

8 a 11 de novembro

9h a 14h

20

Local CIG

Rua Arcadio Pardiñas

 

Inscripcións: Web- FORGA  http://w w w w. forga.info

ou no local de CIG  Rua  Arcadio Pardiñas 137-2 telf. 982 58 18 61

 

DECRETOS DE: XESTIÓN DE ÁREA INTEGRADA E PLAN DE RR.HH.

UNHA GRAN FARSA

Crean un marco normativo de xestión que supera os límites xeográficos das actuaís áreas sanitarias

Estan a mudar o actual mapa sanitario, baixo unha única Xerencia, acolle dispositivos  sanitarios integrados territorialmente en áreas diferentes do actual. Quedando subordinados ás estratéxias de xestión do centro hospitalario

ÁREAS INTEGRADAS

Os doentes crónicos son remitidos ao plano íntegramente sociosanitario, sector que esta administracción pretende privatizar na súa totalidade.

O decreto vai tramitarse para a súa publicación en DOG, sin ter en conta ás alegacións feitas por CIG donde solicitamos a creación dunha xerencia de área integrada que favoreza a coordinación asistencial, a integración dos servizos que mellore a implantación de guías e protocolos coa implicación de todas/os as/os profesionais, que mellore a utilización dos

medios materias e adecuación dos RR.HH. Coa creación das novas áreas de xestión  asociados aos hospitais de referencia da poboación adscrita de atención primaria:

Costa da Morte, Barbanza ou Verín.

PLAN ORDEACIÓN RR.HH.

Adapta as condicións laborais do persoal do SERGAS á creación das novas estructuras de xestión das áreas integradas

O único que lexitima é unha serie de medidas de flexibilidade laboral.

Mobilidade xeográfica ou funcional para garantir a asistencia

sanitaria.

Cláusulas nos nomeamentos temporáis para prestar servizos

noutras áreas.

Traslados FORZOSOS entre os niveis de asistencia dunha

área: Primaria-Especializada

Medidas de integración noutras categorías mediante procedemento de reclasificación profesional

PLAN ORDEACIÓN RR.HH.

Ao igual que o decreto de área, este plan vai ser tramitado  para a súa públicación no DOG, sen ter en conta as alegacións feitas por CIG:

Non se fai unha análise previa das necesidades (diagnósticotratamento) nin prevé unha adaptación dos RR.HH.

Nomeamentos por acumulación de tarefas, obra e servizo que non xeran prazas vacantes (nin a traslados nin OPE) nin estabilidade no sistema :+ precariedade laboral.

PLAN ORDEACIÓN RR.HH.

Non aceptamos as medidas de integración noutras categorías como consecuencia da privatización de servizos, que conleva, a perda do 30% do emprego público.

Reixetamos este decreto porque está feito en clave de CRISIS, DONDE O CONTEXTO ECONÓMICO DIFICULTA A CREACIÓN DE NOVAS PRAZAS, E SÓ ESTA FEITO para propiciar a mobilidade + reconversión do persoal do SERGAS

NON se crea ningunha praza nova no sistema.

Non se prioriza a asistencia sanitaria, so pretende aforro económico, drástica reducción das vinculacións temporais , sen cobertura das necesidades xurdidas nos centros, motivadas pola ausencia do persoal ou polo incremento da actividade.

PLAN ORDEACIÓN RR.HH.

As proximas convocatorias de OPE serán para repoñer plantillas: si non se xeran novas prazas, si se aumenta a idade de xubilación, si desaparecen categorías de persoal de xestión e servizos e se reconvirten noutros estamentos: Pinches de cociña e Celadores.

O NÚMERO DE PRAZAS SERÁ RIDÍCULO

Os decretos de:

Xestión Integrada de Área, e Plan de RR.HH.                  

Son documentos abertos ou folla de ruta para que o sergas desenvolva medidas de mobilidade do persoal e non de captación de novos profesionais.

Os decretos van iniciar o seu trámite para a súa publicación en DOG, co rechazo de todas as organización sindicais con representación na mesa sectorial:

“Dous non negocian, si un, non quer”

O SERGAS continuamente despreza os representantes das organizacións sindicais na mesa sectorial, esta mala praxis trasladase as distintas xerencias.

CIG-SAÚDE, CESM, CC.OO. CSIF. SATSE, SAE , UGT asinamos un documento (con rexistro de entrada 27-XULLO-2010) que entregamos na Dirección Xeral do SERGAS, no cal DEMANDAMOS, RESPECTO POLOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN.

Dous decretos que van marcar a folla de ruta dos próximos anos da sanidade galega, vanse publicar sin o consenso necesario e en periodo vacacional.

CIG-SAÚDE SOLICITA A SÚA RETIRADA.

En setembro, iniciar unha negociación real, que posibilite un acordo cun amplo apoio social, na procura dun sistema sanitario público de calidade.

CIG-SAÚDE demanda poñer sobre a mesa os datos necesarios para abordar unha negociación sin condicionamentos:

Cadros e ratios de persoal, distribución e condicións dos medios dispoñibeis nos distintos centros:

Hospitais

Centros de saúde

PACs

Direccións Provinciáis,…etc.

O día 29 de xullo dous días despois da ultima xuntanza da Mesa Sectorial, : CESM, CC.OO.SATSE, SAE é UGT, rexistran un escrito no que manifestan aceptar o acordo co texto do plan de RR.HH, engadindo unha disposición final: O plan de RR.HH. No entrará en vigor hasta que se hayan desarrollado en Mesa Sectorial , mediante los correspondientes acuerdos con las oo.ss. los diferentes capítulos que lo articulan

CIG-SAÚDE :

Dada a extraordinaria importancia destes decretos para o futuro da sanidade galega cunha elevada repercusión laboral e social para o persoal do sergas, verémonos na obriga de:NON CONTINUAR CON ESTA “FARSA”

e SEGUIR A DEFENDER OS INTERESES DO PERSOAL COAS MEDIDAS QUE CONXUNTAMENTE ADOPTEMOS

CIG-SAÚDE NON pode lexitimar unha norma que lle permita a Admón xogar cas/os traballadoras/es no seu beneficio e no beneficio das súas políticas privatizadoras, cunha serie de medidas de flexibilidade para logo dispor delas cando e como lle conveña.

 

Deixamos aqui, para quen queira descargalo e lelo, ademais de difundilo, o documento que recolle a posición de CIG-Saúde ao respecto do Anel Radiolóxico proxectado polo SERGAS, que implica a eliminación de gardas de radioloxía nos hospitais comarcais como primeiro paso do proceso.

 

Desde CIG-Saúde estamos a levar a cabo diversas reunións co persoal de radioloxía e os facultativos afectados nos distintos hospitais, xa levamos varias nos comarcais, e continuaremos a facelas, para explicar cal é a nosa posición e como afecta este anel radiolóxico e a telerradioloxía tal e como está proxectada desde esta administración á calidade asistencial e ás condicións laborais do persoal do SERGAS.

 

Podedes descargar o documento desde aqui .

 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 5